Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Vigo retorna ao século XIX

0

Tal día coma hoxe, un 28 de marzo, alá polo ano 1809, Vigo convertíase na primeira cidade europea que, nun alzamento popular, conseguía botar o exército de Napoleón dun lugar conquistado. Como recompensa, un ano despois, Fernando VII outorgoulle o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.

Agora, ano tras ano, o barrio histórico de Vigo volve ao século XIX unha fin de semana ao ano, a máis próxima a esta data, o 28 de marzo, e celebran a sonada Festa da Reconquista. Este ano, para non coincidir coa Semana Santa, a gran conmemoración será os días 2 e 3 de abril.

Nestes días de celebración non faltarán representacións históricas, un gran mercado ambientado na época da guerra da Independencia española, mostras de artesanía, música…

A Festa da Reconquista é unha das celebracións máis emblemáticas de Vigo, unha especie de viaxe ao pasado que conquista os vigueses e os visitantes. Se tes a oportunidade, non dubides en pasar por alí!

E logo, que pensas?