Nova entrega do videcedario do programa A vide de Cachín. Nesta ocasión preguntan na rúa que son os taninos, e coma sempre respostas de todo tipo: “substancias que lle dan sabor ao viño”, “non teño nin remota idea”, “podemos buscalo na internet?”, “o sétimo de cabalería… taninoninonino“…
Pero nada máis lonxe da realidade. Os taninos son un composto órganico que se extrae das uvas e que produce unha sensación seca e amarga no padal.
Segundo o dicionario da Real Academia Galega, o tanino é un composto orgánico complexo con propiedades adstrinxentes que se extrae das gallas, dos froitos e da casca dalgunhas árbores, e que se utiliza para curtir peles.
O dicionario Digalego, de Ir indo, define tanino como unha substancia adstrinxente, presente en moitos tecidos vexetais, que se emprega en adobos pola súa capacidade de converter a pel dos animais en coiro. Tamén se denomina tanino natural ou tanino vexetal.
Os taninos que están presentes no viño saen fundamentalmente das pebidas e da pel das uvas, e achegan un sabor seco, áspero, rugoso e adstrinxente, que se pode notar especialmente no medio da lingua e na parte dianteira da boca.
Despois deste artigo xa poderemos dicir: Que taninos ten este viño! ou “Este viño ten uns taninos “aterciopelados” e “redondos””… Na próxina entrega seguiremos aprendendo máis termos para ser uns profesionais da cata do viño. Agardade e verémolo!
E logo, que pensas?