Unha semana máis, o programa ‘A vide de Cachín‘ achéganos unha nova entrada para o Videcedario. Nesta ocasión faláronnos dos gabiáns das vides e, coma sempre, na rúa hai diferenza de opinións: “Algo de comer”, “un paxaro”, “traballar a terra arredor da vide”, “unha ave”, “unha vimbia para atar as cepas”, “unha gabia é unha ringleira de vides e un gabián pode ser derivado diso”…
Pois si, un gabián é unha ave de rapina, pero en ‘A vide de Cachín’ non se referían a ese tipo de gabiáns, senón ao das uveiras. Estes gabiáns son órganos das vides, longos, volubles e delgados, que lles serven para asirse e gabear.
A semana que vén volveremos engadir unha nova palabra ao noso Videcedario. Estean pendentes!
E logo, que pensas?