Unha semana máis, o programa A vide de Cachín tráenos e coméntanos unha palabra nova. Desta vez tocoulle a lías e na rúa parece que non tiñan moi claro o seu significado: “Nin idea”, “algo para learse”, “algo vexetal”, “unha especie de plantas que se enrolan unhas nas outras”, “estou totalmente perdido, non sei…”, “son uns compoñentes que axudan a fermentar o viño”.
Pois ben, en A vide de Cachín explícannos que se lles chama lías ás substancias sólidas, en parte restos de lévedos, que van ao fondo dos depósitos de viño.
Con todo, debemos evitar o uso deste termo e substituílo por formas como pouso, borra ou sedimento, formas máis axeitadas na nosa lingua.
En galego empregamos o termo lías para referirnos ao período xeolóxico que segue ao triásico.
A semana que vén teremos unha nova entrega para o Videcedario, cal será?
E logo, que pensas?