Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Undécima, décimo primeira e oncena

0

Esta fin de semana celebrouse un encontro futbolístico moi importante, a final da Liga de Campións, que enfrontaba o Real Madrid e o Atlético de Madrid. Gañou o primeiro deles e fíxose coa súa undécima copa. En galego, para expresar este numeral podemos empregar ademais as formas décimo primeira e oncena.

Así mesmo, empregamos a forma onceavo/a para referírmonos a cada unha das once partes iguais en que se divide un todo.

 

E logo, que pensas?