Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Un pequeno paso para un galego máis noso: ‘roaming’

0

No ámbito das telecomunicacións, concretamente na telefonía móbil, atopamos moi frecuentemente o termo ‘roaming’, que designa as recargas nas tarifas que nos cobran as operadoras por recibir ou enviar mensaxes e chamadas desde o estranxeiro.

En galego podemos evitar o emprego desta palabra inglesa usando, por exemplo, o termo itinerancia.

Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego máis noso.

 

E logo, que pensas?