Acotío oímos, escribimos e empregamos a palabra ‘ranking’ para referirnos a unha listaxe de elementos ordenados xerarquicamente seguindo algún criterio.
Esta é unha forma inglesa que podemos evitar en galego substituíndoa por táboa clasificatoria, lista ou clasificación.
Con todo, en caso de empregar o estranxeirismo, non debemos acentualo: *ránking.
Con estes pequenos pasos que imos dando conseguiremos un galego máis noso. Pasiño a pasiño, faise o camiño!
E logo, que pensas?