Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Un paso máis para un galego máis noso: ‘manager’

0

É moi frecuente escoitar ou ler a palabra manager en galego. Emprégase este termo para referirse á persoa que é responsable de actividades económicas e administrativas e tamén para a encargada dos intereses económicos dos artistas, deportistas… É unha palabra moi común nos ámbitos do deporte e do espectáculo.

En galego podemos empregar como substitutas deste anglicismo as formas xerente, representante, administrador, apoderado, delegado ou director.

Así, con este pequeno paso, conseguiremos un galego máis noso.

 

E logo, que pensas?