Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Un paso máis para un galego máis noso: ‘doping’

0

Hoxe damos un pasiño máis para conseguir un galego máis noso, imos falar do termo inglés ‘doping’ e do seu equivalente en galego: dopaxe.

No mundo deportivo este é un termo de uso moi frecuente, igual que o seu verbo correspondente: dopar. Empregamos este verbo co significado de ‘administrar a [unha persoa ou animal] unha substancia estimulante para aumentar circunstancialmente as súas capacidades físicas’. Así mesmo, tamén o empregamos como pronominal (doparse) para referirnos á acción de tomar substancias estimulantes. Estas formas son correctas en galego e veñen recollidas no Dicionario da Real Academia Galega.

Así mesmo, no caso do substantivo, para referirnos á acción de dopar ou doparse, en galego debemos empregar o termo dopaxe, evitando o anglicismo doping.

E logo, que pensas?