Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Son Goku e Shin Chan, embaixadores dos Xogos Olímpicos de Toquio

0

Seguramente, se preguntamos nas rúas cales son os personaxes de debuxos animados máis coñecidos da Televisión de Galicia, dentro das repostas non poderán faltar nin Son Goku nin Shin Chan, que se emiten  pola segunda canle dentro do Xabarín Club. Pois ben, ademais de poder velos e seguilos por televisión, van ser tamén embaixadores dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.

Todos e todoas oímos o dixemos algunha vez frases como “voute esnaquizar, miñoca!”, “onda vital!”, “cuíño, cuíño…”, “gústanche os pementos”, “trompa, cacho trompa”… A dobraxe destes debuxos animados ao foi todo un éxito e chegou á audiencia para callar nela. As expresións galegas de Son Goku e Shin Chan espalláronse de boca en boca e pasaron a ter un uso cotián.

Agora estes personaxes serán tamén dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, polo que comezaremos a velos en produtos e anuncios deste evento. Ademais, seguirán tendo espazo na programación infantil da TVG.

 

E logo, que pensas?