Hai moitas maneiras de falar galego, de aprendelo e de ir descubrindo cousas sobre a nosa lingua. A Radio Galega pónnolo en bandexa, dun xeito moi entretido, dentro do programa Galicia por diante.
Queres aprender expresións novas e coñecer os seus significados? Queres xogar a un divertido encrucillado con definicións sobre palabras en galego? Todo isto, e máis, ofrécennolo no concurso ‘Rite, rite’, no Galicia por diante. E con premio e todo!
Un xeito de aprender galego en forma de concurso que non ensina cousas como que facer algo nun virapau non é que algo nos resulte moi difícil, senón que se fai moi rapidamente. O xogo ‘Cando dicimos isto, estamos a dicir estoutro’ rétanos a atinar co significados das expresión máis nosas, como estar coma a sardiña polo rabo, que vén sendo estar moi delgado/a, ou quentar a carracha, que empregamos para dicir que vai moita calor.
Tamén escoitaremos encrucillados onde se nos fala de palabras como agatuñar, alumar, apañar… para que as unamos co seu significado correspondente.
Escoitade este divertido concurso, na Radio Galega uns minutos antes das 10 da mañá, e aprenderedes moitas cousiñas.
E logo, que pensas?