Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Recoñecemento a un deportista e a un deporte: o tríatlon

0

Hoxe imos falar un pouco de deporte, pero antes queremos darlle os nosos parabéns a Javier Gómez Noya, o triatleta galego ao que acaba de serlle concedido o Premio Princesa de Asturias dos Deportes.

Aproveitando este galardón, imos lembrar que en galego o deporte que practica Gómez Noya chámase tríatlon, non *triatlón nin *tríathlon. É unha competición deportiva que combina tres modalidades: carreira pedestre, ciclismo e natación, por iso a palabra está formada polo prefixo tri-, elemento de orixe latina ou grega que ten o significado de ‘tres’, e athlon, que é un elemento de orixe grega que significa ‘loita, competición’.

Hoxe o deporte galego está de parabéns, vai desde aquí a nosa felicitación!

 

E logo, que pensas?