Segundo a Real Academia Galega, os primeiros anos dos/as meniños/as son cruciais para a transmisión do idioma. Moitas familias que lles falan aos pequechos e pequechas en galego vén que cando comezan a iren á escola volven para a casa falando castelán. É o momento en que se rompe o círculo familiar e empeza a vida social, e a escola, na etapa de educación infantil, ten un papel fundamental para fixar o idioma propio. E aí aparece o problema principal: non hai recursos suficientes para que os nenos de 0 a 6 anos poidan escolarizarse plenamente en galego.
Así mesmo, a Real Academia Galega alerta de que a transmisión da lingua ás novas xeracións está en perigo, especialmente nas zonas urbanas de Galicia, e ademais de recompilar ferramentas que se están usando para fomentar o galego nesa etapa, entre os 0 e os 6 anos de vida, dános unha clave fundamental para solucionar este problema: pór en valor o galego como un patrimonio de país e ensinarlles aos nenos que hai que fachendear de ter unha lingua propia.
Queremos que os nenos e nenas aprendan e falen galego. Desexamos que os/as pequechos/as estean orgullosos da nosa lingua.
E logo, que pensas?