Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Protexidos por san Francisco…

0

…de Sales. Celebrámolo hoxe 24 de xaneiro, é patrón, padroeiro ou avogado de xornalistas e comunicadores.

E nós, contamos, narramos e relatamos non só en prensa, radio ou televisión. Os medios dixitais e as redes sociais levan a dianteira.

Un adiantado á actualidade e que viviu entre os séculos XVI e XVII sería Francisco de Sales, xa que para facer chegar os seus comunicados nunha época afectada pola Reforma e as comunidades protestantes, imprimía os panfletos, libelos, escritos ou pasquines e repartíaos por debaixo das portas de todos os fogares.

Pois aproveitando esta entrada, parabéns a todos os compañeiros/as e que nos siga a protexer San Francisco de Sales.

@petiscogalego

E logo, que pensas?