Onte falabamos da chuvia, do vento e do estado do mar, pero hoxe xa hai unhas raiolas de sol, que viñeron acompañadas de frío, así que imos abrigarnos e falar un pouco da friaxe.
Cando hai un descenso das temperaturas e a chuvia se conxela fai acto de presenza a sarabia, que tamén recibe os nomes de graínzo, pedra, pedrazo, salpedrés.
Sempre se di que os esquimós teñen un número amplísimo de palabras para referirse á neve, porque a súa contorna así o precisa, pero os galegos tamén tempos un léxico amplo para referirnos a ela. Cando neva, cada porción de auga conxelada recibe en galego múltiples nomes, dependendo das zonas: cerello, faísca, falopa, fargallo, farrapa, farrapo, felepa, foleca, foupa, galapo, melga…
E que sería dos/as galegos/as sen a xeada? Xa é algo que forma parte de nós. Tamén se lle chama carazo, carouxo, lazada…
Arrefriou (ou arrefeceu) o tempo, toca abrigarse e poñerse á caloriña!
E logo, que pensas?