Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Polo san Xoán a sardiña molla o pan

0

Empezamos a semana cos preparativos para a noite máxica por excelencia en Galicia, a noite de san Xoán, e hoxe imos falar dun elemento fundamental para esta celebración: a sardiña. Parece que non vai abundar nestes días, pero seguro que non hai cacharela en Galicia onde non haxa algo deste peixe.

As sardiñadas son un dos elementos case indispensables para a noite de san Xoán. Din que as sardiñas están máis saborosas no mes de xuño, por estas datas, e deixa mostra disto a fraseoloxía popular:

Polo san Xoán a sardiña molla o pan

Por san Xoán a sardiña pinga no pan

Se comes sardiña en san Xoán, mollaráchese o pan

A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan

Polo san Xoán á sardiña, e en setembro á vendima

Á sardiña, cando é de tamaño pequeno, tamén se lle chama parrocha ou xouba.

Esta noite máxica é unha das máis tradicionais en Galicia, da que gozan milleiros de persoas en celebracións espalladas por toda a comunidade.

E logo, que pensas?