Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Pobre incauto/a!

0

Hoxe imos falar dunha maneira “moi fina” que temos os/as galegos/as de enganar a xente que xeralmente peca de incauta ou inxenua.

Mandaches algunha vez alguén aos gazafellos? e aos biosbardos? quizais ás alpabardas? Os tres son nomes de animais irreais, e en Galicia é moi habitual mandar alguén buscar algún destes bechos fantásticos, normalmente cando se trata de enganar unha persoa incauta.

Ademais, tamén se emprega o nome dun destes seres imaxinarios para expresar distracción: andar (ou estar) aos biosbardos, que usamos para referirnos a alguén que está totalmente distraído, fóra da realidade.

Xa sabes, que non te enganen! Se te mandar buscar algún deles, non piques!

E logo, que pensas?