Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Parece que vai chover…

0

Santiago Pemán non nos daba boas novas no Luar. O tempo esta Semana Santa vai estar revolto, pode haber algunha treboada e precipitacións… e iso non gusta nada!

Os refráns, como ben comentaba Pemán, xa avisan: “Lava os teus panos na semana de Ramos, porque na de Paixón, ou lavaralos ou non”. A semana de Ramos xa pasou, estamos na de Paixón, e Santiago di  sobre isto que “lavar valos lavar, pero secar non os vas secar”.

O outro refrán do que falaron no Luar refírese ao agromar dos cultivos e plantas propias destas datas, e que seguirá e aumentará en abril: “En marzo espigas, catro. En abril, espigas mil“.

Vén un tempo cativeiro, con chuvia, e Pemán comenta que a semana seguinte hai lúa minguante, algo que inestabiliza o tempo, así que, a ver que nos di a lúa a semana que vén.

Mentres tanto, como di o dito, “se chove, deixa chover…”, e que a chuvia non nos augue nin as festas nin a Semana Santa.

E logo, que pensas?