Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘streaming’

0

As novas tecnoloxías traen tamén novos termos ás linguas, palabras que non sempres son sinxelas de traducir ou de adaptar.

Hoxe imos falar dunha palabra inglesa que foi entrando no galego da man da informática e de Internet: streaming. Emprégase este termo para designar o feito de escoitar música ou ver vídeos sen necesidade de descargalos previamente, ben sexan en directo ou pregravados.

As emisións en directo por Internet empregan esta técnica, polo que podemos evitar empregar o anglicismo substituíndoo por en directo.

Cando falamos de programas, series ou outros contidos que xa están gravados podemos usar en continuo para evitar o termo streaming.

Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego máis noso.

E logo, que pensas?