Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘sorpasso’

0

Durante toda a campaña electoral e hoxe, día de resaca postelectoral, vimos e oímos o termo sorpasso. Esta é unha palabra italiana que se refire á posibilidade de que un partido ou grupo político lle pase por diante a outro nas eleccións.

Para evitar este italianismo en galego temos formas como adiantamento ou superación.

Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego máis noso.

E logo, que pensas?