Playback é un termo inglés que está moi presente en galego para designar a técnica usada en cine, televisión e nos espectáculos en directo que reproduce o son previamente gravado mentres unha persoa simula interpretalo.
En galego debemos substituír este termo pola expresión son pregravado.
Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego máis noso.
E logo, que pensas?