Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘match’

0

En galego, no ámbito deportivo, é frecuente o uso do termo match, un aglicismo que se emprega para denominar unha competición organizada, sobre todo no boxeo e no tenis.

Na nosa lingua podemos evitar o emprego desta palabra substituíndoa por formas como partido, encontro, competición ou combate.

Este é outro pequeno paso máis para acadar un galego máis noso.

E logo, que pensas?