Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘freak’

0

Hoxe, 25 de maio, celébrase o Día do Orgullo Friqui, así que imos aproveitar para comentar este anglicismo con bastante uso en galego.

Friki ou friqui son termos frecuentes no noso idioma, procedentes da palabra inglesa freak, que significa ‘raro, extravagante’, e que tamén se incorporou en certo grao ao galego. Con todo, podemos evitar o uso deste estranxeirismo empregando formas propias como bicho raro, personaxe, estrafalario, extravagante ou estraño.

Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego máis noso.

E logo, que pensas?