Hoxe imos falar dun estranxeirismo que está moi presente en galego: ‘disc jockey’, que designa a persoa que escolle e pon discos nunha discoteca, nunha radio ou nunha festa.
Este termo procede do inglés e aparece abreviado frecuentemente coas iniciais DJ.
En galego podemos evitar o emprego desta forma inglesa substituíndoa por picadiscos.
Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego máis noso.
E logo, que pensas?