Unha palabra moi usada incorrectamente en galego é beca, que designa a axuda económica que lle conceden a unha persoa para estudar, traballar ou viaxar.
O termo beca é un castelanismo que debemos evitar usar en galego, substituíndoo polas formas bolsa, axuda ou subvención.
Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego máis noso.
E logo, que pensas?