Cando falamos de informática e novas tecnoloxías é moi frecuente empregar e escoitar o termo inglés backup, que é a copia dos datos que se fai para poder recuperalos en caso de perda da información do equipo.
En galego podemos evitar o uso deste estranxeirismo dicindo, por exemplo, copia de seguridade.
Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego máis noso.
E logo, que pensas?