Aproveitando o comezo da Semana Verde de Silleda, hoxe imos comentar un anglicismo moi asentado na nosa lingua: stand, que vén da forma to stand, ‘estar de pé’.
Empregamos este termo para referírmonos a unha instalación dentro dunha feira, mercado ou similar, en que se venden produtos. En galego podemos evitar o estranxeirismo usando palabras como pavillón, posto, expositor ou caseta.
Este é outro pequeno paso para conseguir un galego máis noso.
E logo, que pensas?