É habitual oír ou ver escrito en conversas ou textos en galego o termo link, para referirse ao elemento dun documento electrónico que permite acceder directamente a outra parte do escrito ou a outro documento diferente.
En galego temos outros termos aos que debemos darlles prioridade de uso para evitar a forma inglesa link, como son ligazón, enlace ou vínculo.
Con este pequeno paso conseguiremos un galego un pouco máis noso.
E logo, que pensas?