En galego usamos frecuentemente símbolos aos que nomeamos ás veces con formas con formas propias e outras con termos importados. Hoxe imos falar de dous deles: & e #. Como lles chamamos na nosa lingua?
O primeiro deles (&) é unha alternativa gráfica da conxunción latina et (o noso e). Ten un uso relativamente frecuente en galego, sobre todo no ámbito informático e tecnolóxico. Para nomealo importouse con certo éxito o termo inglés amperstand, pero en galego debemos evitar o uso do estranxeirismo e empregar formas como et ou e comercial.
Ao segundo símbolo (#), moi empregado nas novas tecnoloxías, podemos denominalo en galego cos termos cadrado, díese, cancelo ou grade.
O Servizo de Normalización Lingüística ofrece neste artigo de Un idioma preciso todas as explicacións relativas a estes dous símbolos.
E logo, que pensas?