Unha vez máis, no Saborea temos que falar da morriña, neste caso da que senten os galegos que están na Arxentina.
Cando se está fóra de Galicia, todas as novas que nos chegan da terra parecen poucas e séntese a necesidade de ser partícipe e de estar informado de todo o que sucede aquí. Pois para iso está a TVG. Na Arxentina téñeno claro, a Televisión de Galicia axuda a combater a morriña, é unha liña directa coas raíces e un vínculo estreito coas orixes.
Hai para todos os gustos: uns prefiren informativos, outros musicais…, pero quen arrasa en Bos Aires é Gayoso e o ‘Luar’. Si, señores e señoras, demostrouse que o mellor medicamento (e sen receita) para a morriña é o ‘Luar’.
A TVG une dúas patrias nun único sentimento: o cariño pola terra (e polo ‘Luar!’).
Seguide así , gústame moito.
Moitas grazas, Xosé Lois!
https://www.facebook.com/luartvg/videos/1276062795756306/
Unha homenaxe gastronómica aos que ven Luar dende o outro lado do charco. Bicos e parabéns polo blog
Moitas grazas, Ana!