O himno galego, que une harmoniosamente o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición de Pascual Veiga, chegou en lingua de signos aos nenos do colexio Xunqueira 1, en Pontevedra.
Co gallo do Día Nacional da Lingua de Signos, estes rapaces e rapazas aprenderon o noso himno en lingua de signos, impulsados pola Organización de Xordos de Galicia. Con esta iniciativa pretenden concienciar os cativos da importancia desta ferramenta de comunicación.
A importancia da comunicación e a normalización do uso da lingua de signos son uns dos piares principais desta actividade, que achegou aos nenos e nenas o himno galego e a lingua de signos.
E logo, que pensas?