Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

O grande arquivo da memoria

0

Recordos, tradicións, costumes, romarías…, imaxes gardadas na memoria, arquivadas  e almacenadas para non deixar perder todo aquilo que forma parte de nós e nos complementa. Pero a memoria, ás veces, non chega a gardar todo aquilo que quereriamos, pero existen arquivos que “aseguran a memoria individual e colectiva e axudan a comprender o pasado, a documentar o presente e a preparar o futuro”.

Máis de medio millón de cintas e 200.000 horas de gravacións cos grandes e pequenos momentos da nosa historia, iso é o que garda o arquivo histórico da CRTVG. Cada documento é unha lembranza a un momento importante para Galicia e para a súa xente, unha pinga de recordo ao noso patrimonio, á nosa cultura, á nosa lingua, á nosa terra…

Cada elemento do arquivo é unha pequena xoia que está ao dispor de todos/as, porque a nosa historia é de todos/as, e nas nosas mans está non deixar que se perda. Pódese acceder desde o portal pasouoquepasou.crtvg.

E logo, que pensas?