Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

O falar non ten cancelas

0

Aos/as galegos/as gústanos moito falar, somos xente faladora, falangueira, faladeira, paroleira, aínda que uns/unhas máis ca outros/as.

Cando unha persoa fala moito dicimos que fala os sete falares, que fala polas orellas ou que fala polos cóbados. Ademais, cando alguén di cousas por dicir algo ou sen sentido usamos as expresións falar por falar ou falar en banda.

Hai veces que estamos tentados/as a dicirlle algo que non debemos a outra persoa, que nos está tirando da lingua, para o que dicimos non me fagas falar.

Ademais, cando alguén rosma e non fala o suficientemente claro como para entendelo dicimos que fala entre dentes. Pola contra, cando algúen se expresa con contundencia e claridade dicimos que fala claro (ou que non ten a lingua trabada, que non ten lixos na lingua, que non ten papas na boca ou que non ten pelos na lingua).

Tamén empregamos frecuentemente a expresión dar que falar, cando alguén ou algo é motivo de moitos comentarios ou rexoubas.

 

E logo, que pensas?