Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

O espectáculo dos fogos do Apóstolo

0

Cando chegan estas datas, véspera do Día de Galicia, unha das celebracións máis coñecidas é a dos fogos do Apóstolo, en Santiago de Compostela. Este espectáculo pirotécnico, de luces e de son xunta na cidade milleiros de persoas para gozar del.

Os fogos artificiais, ou fogos de artificio, iluminan a zona vella compostelá, sobre todo as inmediacións da catedral, que se enche de foguetes, bengalas, imaxes e música, dándolle un aspecto único, acentuando aínda máis a súa beleza.

Ademais, coma todos os anos, poderemos gozar deles pola televisión, da man da TVG.

 

E logo, que pensas?