Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

O Día de Galicia

0

Hoxe, 25 de xullo, celebramos o Día de Galicia, a festa da nosa comunidade. As súas orixes veñen do ano 1919, cando a asemblea das Irmandades da Fala, reunida en Santiago, acordou celebrar cada 25 de xullo o Día de Galicia, sendo tamén a festa do Apóstolo.

Así mesmo, tal día coma hoxe, alá polo ano 1985, funcionaba xa a pleno rendemento a Televisión de Galicia, que comezaba a emitir o día anterior, o 24, engraxando a maquinaria precisa para ofrecer toda a información do Día de Galicia.

Hoxe é día de festa para os galegos e galegas, gocemos dela!

 

 

E logo, que pensas?