Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Non paramos de encher o bandullo

0

Dicía meu pai tras un bo xantar: “Comín coma un cura”. Máis relixiosos uns ca outros, é que acabamos de rematar o tempo das larpeiradas do Nadal e xa estamos metidos no tempo do cocido. Si, de san Amaro a san Valentín, mes do cocido en Lalín. Pero eu devezo por el en toda Galicia e noutras partes de España onde o presentan máis lavadiño e cunha parafernalia de “vuelcos” , “pelotas” e outras gaitas .

O caso é que en todo o ano non paramos de encher o bandullo, a tripa, o abdome, a barriga, o ventre, o bocho, bucho ou boche. Como definiriades esa curva da felicidade que medra e que nos encolle a roupa?

Diso tamén teñen que ver as sobremesas, as filloas ou freixós, si, doces, soas, con mel ou azucre. E iso sempre que deixemos sitio. E como vos gusta máis? Con galiña, sen ela, con garavanzos, fabas, chichos ou feixóns?

Todo un mundo de ingredientes… con soá ou entrecosto, con repolo ou grelos e como dicía en Pontevedra o erudito franciscano don Peregrino “O padre balón”, de redondas formas e apaixonado do fútbol, “Do porco aprovéitase todo”.

Falemos de corpo ou de cociña… Se tedes algunha dúbida de como preparar o cocido, velaí van algunhas suxestións que atopei mergullando por www.crtvg.es

Bo proveito!

E logo, que pensas?