Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Mobilízate con Saborea, mobilízate coa CRTVG, súmate a Gcontigo!

0

Hoxe estamos de estrea, comeza a funcionar o sistema de mensaxería da CRTVG, Gcontigo. Tes o móbil na man? Aproveita, non esperes máis! Con este sistema de mensaxes podes estar totalmente informado de todo o que che interese: deportes, informativos, o tempo, a programación e tamén de todas as novas entradas deste noso blog. Só tes que entrar en gcontigo.gal e seguir os  pasos que se che indican para darte de alta. É moi sinxelo e en só dous clics terás todas as novidades ao alcance da túa man, mediante WhatsApp e Telegram.

WhatsApp, Telegram…, o certo é que palabras moi galegas non son, pero están moi presentes no noso vocabulario día tras día. O certo é que as novas tecnoloxías traen novas palabras: Twitter, Facebook, Instagram… Termos de difícil ou imposible tradución que imos incorporando á nosa lingua e empregando na nosa vida cotiá.

Todos falamos das ‘app’, abreviatura da forma inglesa ‘application’, que ten a correspondente forma galega aplicación. Nelas é frecuente que nos apareza a palabra ‘update’, facilmente traducible por actualización.

Outra palabra que está moi presente nas redes sociais é ‘emoji’, eses debuxiños tan graciosos cos que complementamos as nosas mensaxes (lembrade, mensaxe é un substantivo feminino). En galego temos os termos emoticonas ou cariñas para referirnos a eles.

Se queredes estar ben informados/as, collede o voso móbil e dádevos de alta en Gcontigo, así teredes sempre ao teu alcance todas as novidades, como as novas entradas de Saborea a lingua 😉

A que esperas? Mobilízate con Saborea, mobilízate coa CRTVG, súmate a Gcontigo!

E logo, que pensas?