Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Mobilízate coa CRTVG, súmate a Gcontigo!

0

Aínda non te sumaches a Gcontigo? Veña, bule!, non agardes máis. Xa o dixeron Roberto Vilar, en Land Rober Tunai Show, e Rodrigo Vázquez, en ‘O país máis grande do mundo’: Gcontigo é a mellor forma de estar informado a cada momento de todo o que acontece, dos deportes, da programación da TVG, do tempo e tamén das últimas entradas deste blog.

É moi sinxelo, tes toda a información que precisas para subscribirte en gcontigo.gal e terás todas as novidades en todo momento no teu móbil.

Queres saber que tempo teremos hoxe? Manda a palabra “Tempo” e terás a predición no teu móbil, pero desde Saborea xa che adiantamos que parece que imos ter sensación de calmuzo, que é a calor ou aire quente que produce sufocación. Tamén se lle chama calmazo, alfa, bochorno, caldelo, calmizo, fogaxe e recalmo.

Veña, mobilízate coa CRTVG, súmate a Gcontigo!

Roberto Vilar, en Land Rober Tunai Show

Rodrigo Vázquez, en ‘O país máis grande do mundo’

 

E logo, que pensas?