Como é ben sabido, o galego é unha lingua romance (neolatina ou románica) , é dicir, derivada do latín, e como mostra diso, hoxe en día seguen presentes moitas locucións e expresións latinas que se empregan, en maior ou menor medida, en galego.
Chamámoslles latinismos aos vocábulos ou modos de falar propios do latín empregados noutra lingua.
Hoxe imos facer un pequeno repaso dalgún deles, presentes todos no galego e incluídos no Dicionario da Real Academia Galega.
- Ad hoc: a propósito, para isto expresamente, para un determinado fin.
- Ad hóminem: argumento que se funda nas opinións ou actos da persoa a quen se dirixe para combatela ou tratar de convencela.
- Ad líbitum: á vontade, libremente, como se queira.
- Ad lítteram e ad pédem lítterae: literalmente.
- In albis: en branco, sen ningunha idea.
- In extemis: no último momento.
- In situ: no propio lugar.
- Sine die: sen data fixa.
- Sine qua non: sen a cal non, imprescindible.
- Ex professo: cun único propósito; a propósito.
- Ex libris: inscrición nun libro que indica o seu propietario.
- Qúorum: mínimo número de representantes nunha asemblea, que se require para que as decisións adoptadas nela sexan válida.
- Modus vivendi: maneira de vivir.
- Verbi gratia: por exemplo.
- Stricto sensu: en sentido restrinxido.
- A priori: a primeira vista, en principio.
- A posteriori: con posterioridade.
Estes son só algúns exemplos, hai moitísimos casos máis. Nunha próxima entrega falaremos de locucións e formas latinas que pasaron ao galego con algún cambio ou adaptación.
E logo, que pensas?