Nai, madre, mi madre, mamá, mami, mai, ma… Todas as palabras son poucas para referirnos á persoa que nos deu a vida. Como di esta copla galega, coma nosa nai non hai ningunha!
“Miña nai, miña naiciña,
como a miña non hai ningunha,
que me quentaba a cariña
co calorciño da súa”
Hoxe celebramos o Día da Nai e queremos homenaxear as mulleres que non deron a vida, que traballaron e traballan por e para nós e que están connosco día tras día. Mulleres loitadoras, traballadoras, conciliadoras… e nais. Hoxe é o día marcado no calendario para agradecerlles o seu gran papel nas nosas vidas, pero debemos repetírllelo todos os días do ano.
Feliz día para todas as nais!
E logo, que pensas?