Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Miañando

0

De cando en vez vexo no calendario de días mundiais curiosos que se celebra, hai tres motivos polo menos que festexar todos os días do ano. Pois ben, onte foi o “Día de responder as preguntas do meu gato”.

Eu o de miañar, maiar ou miar non o levo moi ben, pero Lucas (na honra do director de “Star Wars” -George Lucas-) éche moi miañón, non só para pedir comida ou larpeirada, senón para que lle fagas caso. E cando o colles ou acariñas, acaricias, aloumiñas, apaxas, cofas ou cofeas é coma se miañases e ponse a rosmar, pero non é arisco ou bravo, roña un son que parece que está roncando moi suaviño, de pracer.

Son seres incribles, independentes e non, e fan cousas como estas, actúan como anxos da garda.

Non esquezades escoitar Bicherías na Radio Galega todos os sábados de 13h-14h e se non, pois aproveitade a web da CRTVG que podedes escoitar todos os programas gravados. O seu presentador, Octavio Villazala, é un crack.

Tamén na web está o programa Criaturas, goza del no servizo de “Á carta” da TVG.

@petiscogalego

E logo, que pensas?