Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Menú de outono

0

A estación en que estamos, o outono, tráenos unha chea de froitos para degustar, polo que hoxe imos ver o nome correcto en galego deses pequenos tesouros que nos ofrece a natureza e tamén das árbores que os dan.

Entre as froitas propia destas datas están a milgranda (á que tamén coñecemos como granada), as uvas (que saen da vide, videira ou cepa), os figos (que nacen despois das béveras, non *brevas, froito da figueira) ou as mazás (que brotan nas maceiras).

Ademais, tamén son os meses do marmelo (non *membrillo), froito do marmeleiro.

Así mesmo, cabe destacar froitos imprescindibles do outono: as cabazas (que agroman nas cabaceiras), as castañas (que nacen nos castiñeiros) e, como non, os cogomelos (non *setas).

O outono tamén é tempo de froitos secos, como as abelás (que saen nas abeleiras), as noces (froito das nogueiras) ou as améndoas (que nacen nas amendoeiras).

E logo, que pensas?