Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Matando avespas a tiros

0

Así de primeiras pode parecer un titular raro, que pode remitirnos a ese dito de “matar moscas a canonazos”, mais neste caso o significado é literal: ensaian como desfacerse da avespa asiática a tiros.

A vespa velutina é orixinaria da China e tamén recibe o nome de avespa asiática. Hoxe imos aproveitar esta información que nos chegaba para comentar os nomes correctos deste insecto en galego. Na nosa lingua, avéspora, nespra e avespa son termos correctos para designar este insecto. Vespa é unha forma menos recomendable, aínda que está bastante presente na lingua cotiá.

E logo, que pensas?