Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Manuel María para nenos e nenas

0

Xa temos moi cerca o Día das Letras Galegas e dende Saborea queremos ir achegándonos un pouco máis á figura do poeta homenaxeado este ano, Manuel María. E que mellor maneira de facelo que empezando polos/as máis pequenos/as!

Dous coñecidos artistas galegos, Uxía e Magín Blanco, propuxéronse que os versos de Manuel María cheguen a todos/as os/as nenos/as galegos/as, e quixeron facelo con música. Para isto reinterpretaron catorce poemas deste autor nun libro-disco, ao que chamaron ‘Canta o cuco’.  Estas composicións foron sacadas de diferentes obras do autor, como ‘As rúas do vento ceibe’, ‘Os soños na gaiola’, ‘Terra Chá’, ‘Panxoliñas’ e ‘Os lonxes do solpor’.

Ademais, a vida e obra de Manuel María tamén nos chega a ritmo de rap dende o colexio do Oural, en Sarria. Eles/as mesmos/as compuxeron a letra e a música dun proxecto que os levou a descubrir moito máis deste poeta galego.

Manuel María abre un mundo de posibilidades e esperta a creatividade da rapazada. Podedes ver estas e outras iniciativas na canle temática da CRTVG dedicada ao Día das Letras Galegas 2016.

 

E logo, que pensas?