Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Manuel María, irmandiño do viño

0

Co Día das Letras Galegas cada vez máis preto, seguimos co noso repaso ao poeta homenaxeado este ano, Manuel María. Este escritor é moi coñecido por diferentes facetas da súa vida, como son a política, a literaria, a cultural… Pero hoxe en Saborea imos comentar unha parcela da vida de Manuel María que igual xa non é tan coñecida.

O escritor chairego era irmandiño do viño e presidente da Irmandade dos Viños Galegos, formada, como el mesmo dicía, por “profesionais, escritores, pintores escultores…”, e que definía como “unha aprendizaxe como a de ler, ver pintura e para todas as ordes da vida”.

Manuel María sinalaba, así mesmo, que todos os irmadiños do viño eran “amantes e defensores dos viños galegos e da súa calidade”.

En Pasou o que pasou, o arquivo histórico da CRTVG, está dispoñible o interesante vídeo en que o poeta describe e comenta todo o relacionado coa Imandade dos Viños Galegos e o significado que ten para el.

Manuel María non deixa de descubrimos cousas e facetas que nos amosan unha persoa reivindicatica e defensora do galego, de Galicia e de todo o noso.

E logo, que pensas?