Case todas as festas e celebracións teñen en galego a súa propia fraseoloxía, e a Pascua non ía ser menos.
Hai moitos refráns que se refieren a estes días de Semana Santa e á Pascua. Algúns aluden ao tempo propio destas datas, outros ao mes en que caen estas celebracións (que varía entre marzo e abril), outros aos animais, aos cultivos… Pero todos mostran a riqueza dos ditos populares e a sabedoría das xentes.
-Por Pascua de Resurrección tres cousas non teñen sazón: sardiñas asadas, castañas asadas e predicación
-Pascuas molladas, anadas dobradas
-Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas
-Pola Pascua rebole o paxaro na casca
-Pascuas marzais, ou famentas ou mortais
-Pascua marzal, ou para moito ben ou para moito mal
-Ramos mollados, Pascuas enxoitas: ano de viño, pan e froita
-Ramos mollados e Pascuas enxoitas, bo ano de froitas e troitas.
Estes exemplos son só unha selección, xa que hai multitude de ditos relativos á Semana Santa.
Hoxe toca gozar da Pascua, dos doces propios deste día e tamén das celebracións que hai espalladas por Galicia. Bulide!
E logo, que pensas?