Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Máis expresións galegas que quedan ben

0

Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente, e non sempre correcto, e comentando un pouco o seu significado e o seu emprego axeitado.

A primeira delas é quedar a pre. Esta locución adverbial debe empregarse co significado de ‘en igualdade, sen ganar nin perder’. Tamén se emprega nalgúns contextos a expresión tirada do xadrez quedar en táboas, en que non gana ninguén.

A continuación imos comentar dúas expresión relacionadas entre si, estar ou quedar a ben e estar ou quedar a mal. Estas dúas locucións adverbiais deben empregarse para indicar as boas ou malas relacións entre persoas. Estar, quedar ou poñerse a ben ou a mal establece o grao de amizade e reconciliación entre as persoas.

Xa sabemos que en galego todo “queda ben”, pero se o facemos correctamente, moito mellor!

E logo, que pensas?