Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Máis expresións galegas que “quedan ben”

0

Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente (non sempre correcto) e comentando un pouco o seu significado.

A primeira delas é *a grandes rasgos, que debemos substituír por formas galegas como a grandes liñas ou con poucas palabras.

A seguinte expresión da que imos falar é *a cal e canto, que debemos evitar na nosa lingua a favor doutras formas como, dependendo do contexto, de cal e pedra, baixo sete chaves, solidamente ou fortemente.

Por último temos *unha de cal e unha de area, que debemos substituír en galego por expresións como unha no cravo e outra na ferradura ou golpe no cravo, golpe na ferradura.

Xa sabemos que en galego todo “queda ben”, pero se o facemos correctamente, moito mellor!

E logo, que pensas?