Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente e comentando un pouco o seu significado.
As dúas primeiras están relacionadas coa forma de ser. En galego empregamos ser un cara lavada para referírmonos a alguén que é moi atrevido e desvergonzado. Así mesmo, empregamos ser un/unha laverco/a para unha persoa que é espelida, moi faladora e que se mete en todo.
A terceira das expresión é ter cara de ferreiro ou cara de can, que se emprega para alguén que ten aspecto malhumorado.
Xa sabemos que en galego todo “queda ben”, pero se o facemos correctamente, moito mellor!
E logo, que pensas?