Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Insultos propiamente galegos

0

Papahostias, papamoscas, papón, pasmón, paspán, papaleisón, parvo, prea, trosma, fato!!!!

Non, non vai por vós!, é que hoxe, ao igual que fixeron en Luar coa profesora Carme Hermida, imos falar de insultos: calquera palabra que nós poidamos utilizar para enfadar e menosprezar a outra persoa.

En galego tempos multitude de palabras que empregamos como insultos, termos propiamente galegos que amosan tamén a riqueza do noso idioma.

Cando un/unha galega quere insultar desprega unha morea de armas dialécticas que deixan abraiado a calquera. Imos enumerar só algúns exemplos:

-Que é un barallocas?, pois é unha persoa que fala de tal maneira que non se lle entende nada.

-E un caguiñas?: un/unha covarde.

-Sabedes que é un moinante? É alguén que anda en negocios pouco claros, amigo de enganos e cunha vida un tanto desordenada.

Baldreo, bandallo, torgallo, badanas, zalapastrán, baldroeiro… Con estes termos os galegos e galegas referímonos a persoas sucias e descoidadas.

-Para aplicar a alguén que non é moi amigo/a de traballar tamén temos moitas palabras, como son: langrán, folgazán, galbán, lacazán

-Sabedes o que é ser un/unha lambecricas ou lambecús?, pois é ser un adulador, afagar a alguén para conseguir un favor.

Seguro que coñecedes un montón de insultos propios da vosa zona, verdade? Esperamos as vosas achegas!

E logo, que pensas?